O "power point" relativo ao curso sobre os traballos por proxectos pódese ver en: Presentación
De entre as estratexias metodolóxicas emerxentes, a ABP é unha das estratexias que maior crecemento está tendo nas últimas décadas. A pesar de que aínda existe un aglomerado de termos ou accións docentes que poden confundirse coa ABP, esta refírese a un método concreto que consiste na xeración de preguntas, búsqueda das respostas a través de procesos de investigación, traballo en equipo, autonomía e responsabilidade das e dos alumnos e elaboración dun producto ou proceso final exposto ante unha audiencia.
A pesar de todas as dificultades atopadas na súa aplicación, o que non leva lugar a debate é que a ABP é un método que engancha ás e aos alumnos, e unha vez conseguido isto, poderemos chegar case ata onde queiramos con elas e eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario